Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home de 75 anos nun accidente de motocultor en Caldas de Reis

Morre un home de 75 anos nun accidente de motocultor en Caldas de Reis

O sinistro ocorreu na parroquia de Saiar

G24.gal 10/10/2025 20:05 Última actualización 10/10/2025 20:18

Un home de 75 anos faleceu nun accidente de motocultor ocorrido este venres no municipio pontevedrés de Caldas, na parroquia de Saiar.

Segundo informan fontes próximas á investigación, o home atopábase tirado no chan cunha ferida na cabeza ao lado do vehículo e sen signos de violencia.

Unha veciña deu o aviso ao 112 sobre as 13,30 horas de que había un home tirado nunha finca.

Ata o lugar desprazáronse o 061, a Garda Civil e a Policía Local, entre outros medios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade