Un home resulta ferido grave nunha perna mentres rozaba no monte en Melide
Tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado ao Hospital Clínico de Santiago

Un home resultou ferido grave mentres rozaba nun terreo da súa propiedade.
O suceso ocorreu este luns ás cinco da tarde en Melide, nunha zona de monte e illada na parroquia de Furelos.
O ferido foi evacuado en helicóptero medicalizado ao Hospital Clínico de Santiago.
Crese que algún obxecto puido saltarlle á perna.
Ata o lugar dos feitos desprazáronse equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil, Protección Civil de Melide e Bombeiros de Arzúa.
Se ben o rescate non foi necesario, os bombeiros colaboraron co equipo médico para efectuar o traslado desde o lugar do accidente ao helicóptero medicalizado que agardaba preto para culminar a evacuación.