Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía Superior de Andalucía estuda a denuncia que pide investigar o cribado de cancro de mama

A Fiscalía Superior de Andalucía estuda a denuncia que pide investigar o cribado de cancro de mama

O Defensor do Paciente solicita á Fiscalía que actúe contra o Servizo Andaluz de Saúde (SAS) por "abandono de funcións" 

Imaxe de arquivo dun cribado de cancro de mama no Servizo Andaluz de Saúde (Europa Press) Imaxe de arquivo dun cribado de cancro de mama no Servizo Andaluz de Saúde (Europa Press)
G24.gal 06/10/2025 18:11

A Fiscalía Superior de Andalucía recibiu a denuncia presentada polo Defensor do Paciente en que se pide a dito órgano xudicial que abra unha investigación de oficio polo caso do cribado do cancro de mama, en cuxo programa de detección precoz a Junta de Andalucía terminou recoñecendo "erros" no protocolo que provocaron atrasos, nalgúns casos de ata un ano, na realización de probas diagnósticas complementarias tras unha primeira mamografía sen resultados concluíntes.

A Administración autonómica está a chamar 2.000 mulleres deste cribado que teñen que facer unha segunda proba para descartar unha lesión tumoral.

Así o confirmaron a Europa Press fontes da Fiscalía Superior, que aseguraron que o escrito do Defensor do Paciente foi recibido o pasado venres. O caso destas demoras levou o Defensor do Paciente a solicitar á Fiscalía que actúe contra o Servizo Andaluz de Saúde (SAS) por "abandono de funcións". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade