Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco anos da declaración do estado de alarma pola pandemia do coronavirus

Cinco anos da declaración do estado de alarma pola pandemia do coronavirus

Era o segundo estado de alarma que se decretaba en España, pero a primeira vez que se confinaba a poboación

A medida era para quince días, pero, finalmente, foron tres meses de peche

G24.gal 14/03/2025 13:54

Tal día coma hoxe, hai 5 anos, España declaraba o estado de alarma para facer fronte á maior crise sanitaria da súa historia. O país paralizábase a partir de entón e comezaban unhas medidas restritivas de mobilidade sen precedentes. As rúas baleiráronse e decretouse o confinamento total, que durou cen días e que deixou imaxes para a historia, como os aplausos aos sanitarios nos balcóns ás oito da tarde. Comezaba a loita contra o coronavirus, que deixou en dous anos máis de 150.000 falecidos en España. Preto de 15 millóns de vítimas mortais en todo o mundo. Pero son poucos os expertos e cidadáns que cren que a pandemia nos fixo mellores.

E neste aniversario volvimos ver o que fora voceiro da pandemia, o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón. Reapareceu nun acto organizado polo Ministerio de Sanidade. Simón recoñeceu que o confinamento, que foi a medida máis extrema, puido facerse de forma máis suave. E que a pandemia fixo aflorar a visión de que o mundo é global, e que hai que traballar de maneira coxunta para dar unha resposta correcta ante unha crise sanitaria como a do covid. Para a ministra de Sanidade hoxe estamos mellor preparados, pero queda traballo por facer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade