Cargando resultados...
Cinco aciagos minutos finais condenan ao Cangas no Gatañal
G24.gal
19/02/2022 18:26
O Balonmán Cangas perdeu 26-28 no Gatañal contra o Cuenca.
E iso que os de Nacho Moyano foron dominadores durante case todo o partido, pero nos últimos 5 minutos os visitantes foron quen de darlle a volta o marcador e coas paradas do seu gardameta Samuel Ibáñez acabaron levando os tres puntos.
Esta foi a secuencia de goles cada cinco minutos: 5-2, 8-7, 10-8, 12-10, 16-11, 17-13 (descanso), 20-16, 21-20, 24-22, 24-23, 26-25, 26-28.