Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chuca non está preocupado pola falta de gol nas últimas xornadas

Chuca non está preocupado pola falta de gol nas últimas xornadas

Chuca está disposto a xogar en calquera posición

G24.gal 21/02/2024 16:01 Última actualización 21/02/2024 16:07

A visita do domingo ao Novo Pepico Amat para medirse ao Eldense será unha sorte de volta a casa para Chuca, segundo o mesmo expón. E é que da súa terra natal a Elda hai tan só 50 minutos de traxecto e iso propiciará o alento dos seus na bancada.

"Contento de volver á miña terra e seguro que virá moita familia para apoiarme e espero que saia un bo partido», valora o xogador.

Chuca é un futbolista polivalente, que foi empregado por Cristóbal na mediapunta e que pode operar tamén no corazón do campo e mesmo escorado a banda. Unha realidade que motiva ao xogador. 

"Estou disposto a xogar en calquera posición como se viu. Empecei de mediocentro e acabei máis en esquerda. O que requira o partido e necesite o equipo e ao 100 % en cada posición na que xogue», explicita o de Jacarilla

O Rácing leva dous partidos sen marcar un gol.

"Son series que veñen e hai que seguir apoiando aos que saen a xogar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos