Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chegan a Galicia os corpos dos mariñeiros falecidos nas illas Seychelles

Chegan a Galicia os corpos dos mariñeiros falecidos nas illas Seychelles

Os tripulantes do pesqueiro Alcabora Cuatro serán soterrados este sábado

G24.gal 02/07/2022 11:21

Os corpos dos dous tripulantes falecidos no pesqueiro Albacora Cuatro chegaron esta medianoite a Galicia. Trátase do xefe de máquinas e do primeiro oficial do buque, naturais da comarca do Barbanza. Está previsto que este sábado sexan soterrados en Ribeira e Porto do Son.

Ambos os dous mariñeiros morreron por inhalación de amoníaco tras producírense unha fuga no barco nas illas Seychelles, onde estaban a reparalo. O accidente produciuse o pasado 15 de xuño.

A empresa armadora afirma que lles ofreceu traxes especiais ás autoridades do país para realizaren canto antes as autopsias sen correr riscos, pero rexeitáronllos. 

Este pesqueiro, con base en Vigo e unha eslora de 83 metros, fora secuestrado no ano 2000 fronte ás costas de Somalia, cando pertencía a unha compañía vasca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade