Cargando resultados...
Un pesqueiro bate contra un veleiro durante a procesión do Carme en Cariño
O accidente saldouse sen feridos
O veleiro acabou co mastro roto e tivo que ser remolcado. Salvamento Marítimo
G24.gal
16/07/2026 18:44
Dúas embarcacións sufriron unha colisión durante a procesión marítima con motivo da festividade do Carme no municipio coruñés de Cariño.
A Salvamar Shaula, que acompañaba aos barcos que participaban na procesión, informou da colisión que se produciu a 1,2 millas ao oeste dos Aguillóns do cabo Ortegal. O cerqueiro, Apóstol San Andrés bateu contra o veleiro Ipanema.
No impacto non houbo feridos en ningunha das dúas embarcacións pero si rompeu o mastro polo que o veleiro foi remolcado ao porto de Cariño pola Salvamar Shaula.