Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chaman a policía en Ourense e acaban detidos por tráfico de drogas

Chaman a policía en Ourense e acaban detidos por tráfico de drogas

Alertaron a policía porque varias persoas intentaban entrar no piso con coitelos e machetes

A policía o único que atopou no piso foi droga en bolsas e cartos en efectivo

A muller e dous homes ocupantes do piso quedaron en liberdade xa en dependencias xudiciais  

G24.gal 23/11/2021 11:55

Tres mozos, dous varóns e unha muller chamaron, ao 091 porque catro persoas intentaban entrar na súa vivenda. Os axentes comprobaron que na casa tiñan marihuana e haxix.

Axentes da Policía Nacional detivéronos por un delito contra a saúde pública tras serlles intervida marihuana e haxix no seu domicilio. 

Así o acaba de informar a Policía Nacional no marco da denominada operación Lucas. Os feitos aconteceron o pasado 19 de novembro, sobre as 18:15 horas, recibiuse unha chamada na Sala 091 en que o alertarte comunicou que varios individuos con coitelos e machetes intentaban entrar no seu domicilio.

Policías da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá dirixíronse ao lugar e, unha vez alí, observaron tres varóns que tentaban evadirse ante a presenza policial. Os axentes retivéronos no momento en que observaron unha moza no balcón pedindo auxilio.

Outra dotación accedeu ao inmoble e na subida atoparon dous varóns e un coitelo no chan. A muller manifestou que eran os seus compañeiros de piso que viran como subían catro individuos encapuchados.

Un deles sacou un coitelo, segundo o relato policial, e outro un machete, cos que ameazaron o varón que quedaba fóra e comenzaron a dar golpes e empurróns na porta para intentar acceder. 

Substancias e cartos

O policía que entrou na vivenda para auxiliar a muller observou varias bolsas tiradas polo chan cunha substancia de cor verde e marrón, supostamente marihuana e haxix, así como numerosa cantidade de cartos en billetes en efectivo.

Os axentes procederon a súa incautación e a detención dos dous homes e a muller por  un delito contra a saúde publica.

Interviñéronlle 1.329,9 euros en efectivo, 160,84 gramos de haxix, 395,8 gramos de marihuana, dúas básculas de precisión e envoltorios de plástico susceptibles de ser empregadas para conter substancias estupefacientes. Quedaron en liberdade en dependencias policiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade