Certificación medioambiental para a pescada do pincho de Burela
A pescada ten a etiqueta Pescaenverde
É a primeira frota de altura en acadar esta distinción
A pescada do pincho é a raíña do porto de Burela.
Sergio López, xerente da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela: "Burela é hoxe a primeira lonxa de pescada do pincho de toda España en canto a capturas. A propia lonxa está por encima das 7.000 toneladas ao ano de pescada do pincho e representa o 60 % do movemento do porto de Burela".
Agora esta pesqueira, que xa destacaba pola súa calidade, recibiu un novo recoñecemento, o certificado Pescaenverde, que acredita as boas prácticas ambientais dos buques e dálle un valor engadido á pescada do pincho de Burela. Un produto diferenciado para un mercado cada vez máis esixente.
Sergio López, xerente da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela: "A ecoetiqueta consiste en certificar a baixa pegada de carbono e a alta taxa de retorno enerxético na captura de pescada do pincho na flota de augas europeas. Realmente o cliente final cada vez valora máis este tema e as expectativas son boas".
A ecoetiqueta Pescaverde xa era usada boa parte da frota artesanal galega, pero o palangre de fondo do porto de Burela convértese agora na primeira frota de altura en acadala.