Publicador de contidos

Publicador de contidos

Centos de persoas piden condicións dignas para o traballo de axuda no fogar

Centos de persoas piden condicións dignas para o traballo de axuda no fogar

O colectivo, a maioría mulleres, esixe un maior compromiso público

Lembran que tiveron un papel fundamental durante a pandemia

G24.gal 19/12/2021 14:07

Centos de persoas saíron á rúa en Santiago de Compostela para reivindicar unhas condicións de traballo dignas para as traballadoras do servizo de axuda no fogar.

Piden que se poña no centro a quen coida das persoas maiores e dependentes e esixen un maior compromiso público para que melloren as condicións laborais deste colectivo.

Ademais, lembran que as traballadoras de axuda no fogar, que maioritariamente son mulleres, tiveron un papel fundamental durante a pandemia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade