Publicador de contidos

Publicador de contidos

Celébrase o Día Internacional dos Cereais marcado pola guerra

Celébrase o Día Internacional dos Cereais marcado pola guerra

Na Limia esperan aumentar a produción ata os 50 millóns de quilos nesta campaña

Búscase reducir a dependencia dos cereais ucraínos

G24.gal 07/03/2022 19:21

O trigo sementado en outubro xa agroma nas leiras da Limia e dentro dun par de meses será tempo de botar o millo de gran e o forraxeiro. Nesta comarca ourensá agardan que as máis de 13.000 hectáreas dedicadas ao cultivo de cereais permitan ter unha colleita duns 50 millóns de quilos. E é que a gurra fai máis necesario que nunca aumentar a produción para paliar a falta do cereal ucraíno malia a situación dos custos.

O tipo de solos da Limia fai que os cereais medren con facilidade pero, polo seu nivel de acidez, non é doado que dean grandes producións. Por exemplo unha hectárea de trigo pode dar 8.500 quilos en Castela e aquí non pasará de 3.000. Outro factor que frea o aumento dos cereais é a primacía do cultivo da pataca.

Nas comarcas leiteiras como a Terra Chá ou Mariña tamén teñen previsto incrementar exponencialmente este ano a produción de millo forraxeiro para non depender dos cereais ucraínos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar