A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense volve tras a pandemia
Celébrase a 27 edición da MITEU cargada de espectáculos
A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense recupera, tras a pandemia, as súas datas e os seus escenarios habituais e enche estes días a cidade de espectáculos.
Raigame é a performance da galega mexicana Sara Guerrero Alfaro que arestora está a representar aquí, na alameda de Ourense. E neste mesmo palco da música conta relatos que aquí sucederon para reconstruír a súa propia historia. É un testemuño da experiencia migratoria que tantas persoas padecen. Este é só un dos 17 espectáculos que nos trae a 27 edición da MITEU, de teatro universitario pero tamén profesional. Ata o 16 de maio.
A aula de Covilhã, Teatrubi é, xunto a de Santiago, a que máis veces veu a MITEU. Unha Mostra que naceu en 1996 con só teatro universitario pero que foi medrando, internacionalizándose e acollendo no seu programa tamén compañías profesionais.
Pepe Viyuela e Leo Bassi. Non só teatro; humor, circo, danza, música... A Miteu é un punto de encontro e un referente cultural en Ourense.