Catro mil racións e sete preparacións distintas na Festa do Mexillón de Rianxo
A Festa do Mexillón, organizada polo Club de Remo de Rianxo, chega á súa edición XIV
Un dos produtos estrela da Ría da Arousa ten a súa festa esta fin de semana en Rianxo. Tanto a xente local como a quen vén de fóra coinciden nunha cousa.
"Que vou dicir eu, que son de aquí. É o mellor, tanto en escabeche como nas croquetas, coma na empanada. É un produto fantástico".
"Aquí estamos, comendo mexillóns, que están exquisitos", di unha turista
Hai mexillóns para todos os gustos: ao vapor, en vinagreta, en escabeche, en empanada ou en croquetas.
"Pois probamos todos, en escabeche, en vinagreta e ao vapor... Están riquísimas todas as variedades", comenta un turista.
Tamén hai outro prato que lle chaman "o rianxeiro", un guiso preparado a lume lento
"Chamámoslle terra-mar. Están as fabas, o chourizo, leva touciño, un pouquiño de todo", explica o cociñeiro.
"É coma un guiso que o teñen durante case catro horas para que saia un prato delicioso", explican desde a organización da festa.
Entre tantas preparacións, cada quen ten a súa preferida.
"En escabeche e ao vapor".
"A min o que máis me gusta é á vinagreta".
"O mariñeiro tamén está moi bo".
O domingo haberá máis mexillóns a partir das 11 e media da mañá. Vanse degustar unhas catro mil racións ao longo da fin de semana.