Catorce mortos nas estradas esta fin de semana, dous en Galicia
Entre as vítimas hai 5 motoristas e un peón

Catorce persoas morreron nos trece accidentes mortais de tráfico rexistrados nas estradas desde as tres da tarde do venres ata as doce da noite do domingo, entre eles, cinco motoristas e un peón.
Segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), sete dos accidentes producíronse en vía convencional e seis en autoestrada ou autovía. Ademais, entre os sinistros houbo dúas colisións e sete saídas da vía.
Tanto o sábado como o domingo perderon a vida seis persoas, en tanto que na tarde noite do venres faleceron dúas persoas.
Os trece accidentes mortais rexistráronse en vías de Santa Pola (Alacant), Adra (Almería), La Adrada (Ávila), Esparreguera (Barcelona), Cambre (A Coruña), Maçanet da Selva e Vilablareix (Xirona), Crémenes (León), Silleda (Pontevedra), Vilaflor de Chasna (Santa Cruz de Tenerife), Calzada de Oropesa (Toledo), Corbera (Valencia) e Íscar (Valladolid).
No que vai de ano morreron nas estradas 781 persoas.