Casimiro desconfía do pechacancelas: "O que pense que será fácil, está equivocado"
Casimiro chega aos 800 partidos dirixidos na ACB
Foto Breogán
Luis Casimiro, adestrador del Río Breogán, advertiu este xoves do perigo do Coviran Granada a pesar da súa delicada situación clasificatoria, pechacancelas da liga Endesa cun balance dun triunfo e 16 derrotas na primeira volta.
“O que pense, por ver o Granada abaixo na clasificación, que vai ser un partido fácil, está moi equivocado. Será un partido complicado, de moita dificultade, contra un equipo que está a competir moi ben e que non terá nada que ver co que nos enfrontamos aquí na primeira volta”, sinalou en conferencia de prensa.
Neste sentido, o técnico breoganista apuntou que o seu próximo rival se reforzou con xogadores “moi atléticos, moito máis físicos” e que o seu xoga interior é “practicamente novo” respecto ao que presentaron no Pazo Provincial de Lugo.
“É un equipo diferente, que está a competir moi ben. Ademais, no xogo exterior tamén son moi agresivos, moi verticais”, incidiu Casimiro, para quen o seu equipo deberá estar “moi en alerta” porque gañar no Palacio de Deportes de Granada “nunca é fácil”.
O preparador do Breogán non ve moitas diferenzas a nivel táctico entre o Granada de Arturo Ruiz e o de Ramón Díaz, quen presentou a súa dimisión a principios de xaneiro.
Luis Casimiro converterase este sábado, no terceiro técnico principal de toda ACB que chega aos 800 partidos dirixidos.