Cargando resultados...
O Breogán pecha a primeira volta á busca da vitoria contra o Real Madrid (19:00h)
O cadro de Luis Casimiro ten a posibilidade de chegar á metade da Liga ACB cun balance de 8 vitorias e nove derrotas se gaña hoxe
G24.gal
24/01/2026 13:35
A primeira volta remata en alto para o Río Breogán. Buscará chegar ao ecuador da competición cun balance de 8/9 pero para iso deberá dar conta de todo un Real Madrid. O líder só cedeu dous partidos na competición e chega co aval de seis vitorias seguidas entre ACB e Euroliga.
Progresa o novo Madrid de Scariolo, que sabe ben das dificultades que se vai atopar no Pazo.
Hai xa 24 anos que Scariolo non visita o Breogán como adestrador do Real Madrid. Daquela, un 4 de xaneiro de 2002, fórase de Lugo cunha derrota. Quen sabe.