Cargando resultados...
O Breogán visita a difícil pista do Bilbao (21h)
Casimiro agarda que os seus volven ser eles mesmos e competir
Foto: EFE
G24.gal
14/03/2026 12:48
Son imaxes de hai dúas temporadas, da última vez que o Breogán gañou en Bilbao. Triunfar en Miribilla nunca é sinxelo. Este ano só o lograron equipos de Euroliga.
O Breo estará ao completo coa recuperación de Bakary Dibba, un alivio para un equipo que precisa a súa intensidade. O Bilbao convive coa baixa dun dos seus puntais, o base Harald Fray. Perdeu os dous últimos partidos logo dunha serie de seis vitorias. O técnico local teme o basquet ofensivo dos lucenses.
Ataque foi o que houbo no partido da primeira volta. Un espectacular 100- 99 para os lucenses, nun partido que non se decidiu ata o último segundo.