Publicador de contidos

Publicador de contidos

José Ángel: "Temos que facer fincapé nas accións a balón parado"

José Ángel: "Temos que facer fincapé nas accións a balón parado"

O mediocentro non escondeu o “duro” golpe que supuxo a derrota ante o líder Rácing de Santander

G24.gal 29/01/2026 15:16 Última actualización 29/01/2026 15:42

José Ángel Jurado, centrocampista do Deportivo, non escondeu o “duro” golpe que supuxo a derrota ante o líder Rácing de Santander, pero pediu “pasar páxina” e centrarse no duelo ante a Cultural Leonesa porque seguen “a só dous puntos” do ascenso directo.

“É unha semana dura. Estaba claro que tiñamos moita ilusión e o noso foco estaba posto no partido do Rácing. Creo que non fixemos mal partido e que o xusto non fose a derrota, pero así foi”, indicou o mediocentro.

Para José Ángel, o seu equipo necesita mellorar o rendemento defensivo nas accións a balón parado.

“Sempre se fallan cousas porque ningún equipo é perfecto. Estamos nun constante crecemento e melloría. O outro día creo que fixemos un partido serio porque a un dos rivais máis poderosos ofensivamente, non lle demos practicamente moitos espazos. Metéronnos nun balón parado que é unha das cousas nas que temos que facer fincapé, porque non se poden decantar partidos en balóns parados”, explicou.

A pesar de que o seu equipo unicamente gañou un dos seus últimos sete partidos ligas, José Ángel prefire ver “o vaso medio cheo” porque o Dépor segue dependendo de si mesmo para cumprir o obxectivo do ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade