Publicador de contidos

Publicador de contidos

Casimiro: "O que destacaría do Madrid é que chega no mellor momento da tempada"

Casimiro: "O que destacaría do Madrid é que chega no mellor momento da tempada"

O Breogán regresa ao Pazo despois da vitoria ante o MoraBanc Andorra e con sete triunfos na clasificación da liga ACB

Foto Breogán
G24.gal 22/01/2026 13:06 Última actualización 22/01/2026 13:13

O Río Breogán, despois da vitoria ante o MoraBanc Andorra e con sete triunfos na clasificación da liga ACB, regresa dúas semanas despois ao Pazo e faino para afrontar un partido 'grande'.

E é que o Real Madrid xogará en Lugo este sábado a partir das 19:00 horas nunha xornada que é, ademais, a última da primeira volta na competición.

Casimiro: "O que destacaría é que chega no mellor momento da tempada".

Ao conxunto que adestra Luis Casimiro espéralle un reto que esperta unha enorme ilusión e moitos alicientes como é superar ao conxunto branco, algo que, por certo, xa conseguiu en varias ocasións o Río Breogán ao longo do seu historial de enfrontamentos. A última vitoria dos lucenses ante o conxunto branco chegou o día 8 de abril de 2023 cando o conxunto que adestraba entón Veljko Mrsic impúxose por un contundente 96-72 ao Real Madrid que dirixía Chus Mateo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade