Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca estréase como visitante cunha malleira en Logroño (0-4)

O Deportivo Abanca estréase como visitante cunha malleira en Logroño (0-4)

As galegas afástanse do descenso de xeito case definitivo

Foto: @RCDeportivoFem
G24.gal 25/01/2026 18:48

O Deportivo Abanca impúxose por un contundente 0-4 ao Dux Logroño a domicilio nunha visita que tiña como obxectivo afastarse da zona quente da táboa.

A primeira tivo o DUX, para unicamente facer de teloneiras fronte ao que sería un monólogo deportivista.

Comezou a feira de goles con Ainhoa pisando area, e deixando lixeira para que Espe Pizarro fulminase a escuadra ante a posición da estatua da cancerbeira logroñesa, e anotase seu primeiro tanto coma deportivista.

Nesta chegaría o segundo das deportivistas, Lucia encara, e coloca o balón na área pequena onde Paula Gutiérrez a pracer aumenta a vantaxe das galegas.

Xa na segunda parte a tónica sería igual, e a escuadra da outra portería tamén coñeceu quen e a dianteira charrúa do Dépor, Espe cun zurdazo con comba anotaría seu segundo gol na conta particular.

Pedindo clemencia o Logroñés que nada puido facer para que Espe colocase un balón ao pé de Lucía Rivas que poñía a puntilla co cuarto do equipo galego

Así as deportivistas colocánse con 17 puntos, xa a 11 dos postos de descenso, e a calma chega a cidade herculina a base de goles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade