O director deportivo do Breogán, "enfadado" cos asubíos por parte da afección
O director deportivo del Río Breogán, Tito Díaz, fixo este martes un balance positivo do rendemento do equipo durante a primeira volta da Liga Endesa
O director deportivo del Río Breogán, Tito Díaz, fixo este martes un balance positivo do rendemento do equipo durante a primeira volta da Liga Endesa, que o seu equipo pechou con catro triunfos de vantaxe sobre o San Pablo Burgos, que pecha a zona de descenso.
“Agora está moi de moda falar de estatísticas avanzadas, pero a min a única que me vale é a de vitorias e derrotas. E aí estamos con máis do 41 por cento de vitorias, o cal é moi positivo para un club como o noso. Hai que felicitar o equipo polo traballo que está a facer, pero tamén aos xogadores por poñer o seu ego ao servizo do equipo. O equipo está a competir moi ben, con momentos dun baloncesto excepcional”, afirmou.
Nunha longa comparecencia ante os xornalistas, Tito Díaz tamén dixo estar “enfadado” polos asubíos a algúns xogadores por parte dos seus afeccionados durante o último partido de Liga contra o Real Madrid.
“Se non poñemos os pés no chan e entendemos quen somos, estaremos a enfilar o camiño do descenso. Pero se poñemos en valor o esforzo dos nosos xogadores e os nosos técnicos, estaremos máis preto da permanencia. Imos remar todos xuntos”, avisou.
Neste sentido, sinalou que sería “magnífico” enlazar a quinta tempada consecutiva na ACB e poder así “celebrar” o 60º aniversario do club “na mellor liga de Europa”.