O regreso de Sergio Escudero: "Foi un período duro e difícil"
Sergio Escudero definiu como "períodos bastante duros" a súa serie de lesións como futbolista do Deportivo
A etapa de Sergio Escudero no Deportivo non está a ser nin moito menos a soñada. El mesmo recoñeceuno en rolda de prensa, onde definiu como "períodos bastante duros" as súas lesións como deportivista.
Estes problemas físicos impedíronlle ter continuidade na tempada e media que leva en Riazor, pero espera poder axudar ao equipo desde o campo nesta segunda volta de competición.
"Contento, con moitas ganas de volver. Foi un período duro e difícil, para un futbolista é o peor o momento dunha lesión, non poder facer o que lle gusta no campo nin axudar aos compañeiros".
O pucelano falou tamén do seu regreso contra o Rácing.
"Era un partido no que estaban as revolucións moi altas e un ritmo de partido bastante rápido, vénme ben. Onde se collen as sensacións de fútbol é xogando minutos".