Publicador de contidos

Publicador de contidos

Case 2.000 cans amosan as súas habilidades no Pazo de Feiras de Lugo

Case 2.000 cans amosan as súas habilidades no Pazo de Feiras de Lugo

As exposicións caninas teñen moito éxito entre criadores, expositores e afeccionados

G24.gal 29/01/2023 20:10 Última actualización 29/01/2023 20:37

Este domingo pola tarde dábanse os últimos premios a algúns dos cans participantes nas distintas categorías da 103 e 104 Exposición Nacional Canina de Galicia e na 46 Exposición Internacional Canina de Galicia.

Antes de desfilar, había nervios e bo ambiente nunha mostra anual que cada ano vai collendo máis importancia.

Este ano participaron máis de 1.700 cans na mostra procedentes de distintas comunidades e tamén do estranxeiro.

Nesta exposición tamén houbo un espazo para que estivesen representados os cans que non tiveron tanta sorte de teren donos que se preocupen por eles, os cans da protectora.

Entre outras actividades relacionadas co mundo canino, o Pazo de Feiras de Lugo tamén acolleu esta fin de semana monográficas de beleza de varias razas e exhibición de habilidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade