Carreira contra o reloxo dos estudantes para alugar piso
A demanda aumentou considerablemente respecto anos anteriores
O prezo do alugueiro tamén aumentou uns 50 euros de media
A imaxe que ofrecían esta mañá as principais inmobiliarias de Santiago de Compostela era a de centos de estudantes agardando ás portas para alugar un piso para o curso que ven.
Algúns estudantes din que levan dende as cinco da madrugada para asegurarse ser dos primeiros en escoller vivenda.
Este ano a demanda é moi elevada, pero, segundo sinalan os profesionais, a oferta tamén . Iso si, as visitas agora son grupais e moitos terán que esquecerse de vivir no centro tal e como apunta Vicente Martínez da Asociación Galega de Inmobiliarias .
Sexa onde sexa todos buscan os tres bes; un piso bo, bonito e a poder ser barato. Os estudantes din que priorizan a calidade pero así e todo teñen límites uns 700 euros ao mes por un piso de tres cuartos.
O problema é que este ano os alugueiros subiron considerablemente. Vicente Martínez, da Asociación Galega de Inmobiliarias, asegura que os pisos subiron de media uns 60 euros aínda que hai algúns que valen 100 euros máis ca hai un ano.
Outro dos problemas máis recorrentes é o estado dos pisos que se alugan a estudantes. Nada máis saír dunha vivenda queixábanse de que non tiña nin lámpadas e que as persianas estaban a piques de caer. Este semella que non reunía as condicións do seu piso ideal así que toca continuar buscando.