Publicador de contidos

Carles Planas, co corazón dividido

Carles Planas, co corazón dividido

O ex-xogador de Celta e Barcelona recoñece que celestes e blaugranas son os equipos do seu corazón

O catalán atópase sen equipo esperando ter un oco no mercado invernal

Carles Planas na súa época coma xogador do Celta
G24.gal 04/11/2021 22:06

O ex-xogador de Celta e Fútbol Club Barcelona Carles Planas xogou onte Ao contraataque e recoñeceu ter o corazón dividido de cara ao transcendental partido do sábado que enfrontará os seus exequipos en Balaídos. 

O xogador de San Celoni defendeu a figura de Iago Aspas coma transcendental para o cadro vigués e tamén tivo palabras de agarimo para o seu excompañeiro Sergio Álvarez, que será homenaxeado polo cadro vigués nos prolegómenos do choque ante os cataláns.

Planas, que xogou no Girona e no AEK chipriota tras deixar o equipo galego, adéstrase pola súa conta en Barcelona á espera de recibir algunha oferta no mercado invernal.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar