Publicador de contidos

Publicador de contidos

Caos de tráfico na contorna da rúa santiaguesa da Pastoriza por obras

Caos de tráfico na contorna da rúa santiaguesa da Pastoriza por obras

Veciños e negocios afectados polos problemas de tráfico

As obras poden durar máis de tres meses

G24.gal 20/09/2023 14:55

Son as nove da mañá, hora punta en Santiago. Nesta zona da Pastoriza xuntase o tráfico de xente que vai a traballar, o de pais levando aos nenos ao colexio e ata catorce liñas de autobuses de transporte público. Un pequeno caos para a movilidade e para os veciños da zona que se queixan dos problemas de tráfico.

O problema está causado por unhas obras para a accesibilidade na rúa Pastoriza que afectan ao tráfico rodado en Xoán XXIII, Basquiños e A Estila. Unhas obras que comezaban onte e xa causan problemas aos veciños da zona. Xente que ten que dar un gran rodeo para chegar as súas casas e persoas que protestan polos poucos medios que participan nos traballos.

Tamén se ven afectados polos problemas de tráfico e de aparcamento os negocios. Donos de tendas e comercios da zona falan dos inconvenientes de non dispor de zona de carga e descarga para as mercancías nin de aparcamento para os seus clientes.

Falta de clientes, problemas para a carga e descarga e mesmo problemas para os peóns. O peor de todo é que as obras teñen prevista unha duración de polo menos tres meses. Aínda que a maioría non cree que só sexan tres meses.

Agora o que toca é moita paciencia para os condutores, os peóns e, sobre todo, para os veciños da zona da Pastoriza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade