Cantero é unha das prioridades no plan de renovacións do Rácing
Cantero: "Sentarei en Pamplona co meu representante e veremos"
É o sexto porteiro con maior número de paradas (103) de toda a categoría de prata
Ander Cantero converteuse, a base de personalidade e paradas, nun dos xogadores clave do curso nas filas do Rácing Club Ferrol. O porteiro foi titular indiscutible desde a primeira xornada de liga e é o sexto porteiro con maior número de paradas (103) de toda a categoría de prata.
O navarro, que recalou en Ferrol nun momento deportivo delicado e sen apenas incidencia no Eibar, converteuse nun dos xogadores máis en forma das filas do club ferrolán. É Ander unha das pezas de Cristóbal que finaliza agora contrato e que, polo visto no terreo de xogo, será xunto a Álvaro Giménez e tras a despedida de Jesús Bernal, unha das prioridades da dirección deportiva do club para a próxima campaña.
"A calquera xogador que lle preguntes, vir ao Rácing é unha das mellores opcións".
"Sentarei en Pamplona co meu representante e veremos".
Segundo medios de comunicación da zona, o Cádiz podería estar interesado en facerse cos servizos do navarro no mercado estival.