Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing afea un gran traballo nos minutos finais (1-1)

O Rácing afea un gran traballo nos minutos finais (1-1)

Arroyo marcou tras unha gran acción de Ojeda

Os galegos controlaron con oficio e só sufriron ao final

No minuto 90, Arratibel empatou para os locais

G24.gal 29/08/2026 19:27 Última actualización 29/08/2026 20:33

O Rácing arrancou con algunha dúbida en Getxo, pero pouco lle durou. Porque pasado o minuto 10 os verdes tomaron o mando e deixaron doce minutos magníficos. Nese tempo xeraron ocasións e lograron o seu primerio gol, magnífico. Foi unha xogada marabillosa de Ojeda á que lle puxo broche Arroyo (minuto 21). Ata o descanso, os galegos minimizaron erros, tiraron de oficio e o choque transitou sen sobresaltos.

Á volta os departamentais trataron de prolongar o seu exercicio de fútbol control, agardando polo erro e as presas do rival. O Arenas de Getxo subiu liñas e o Rácing puido marca-lo segundo nun envío de Arroyo que chutou fóra Ojeda.

Nos últimos minutos, tocou sufrir polo empuxe local e a incerteza do resultado. Os verdes afundíronse, metéronse moi atrás e os vascos puideron empatar nunha falta lateral que cabeceou Íker García. E acabaron por facelo no minuto 90, tras un centro de Buján que remachou fácil Arratibel.

O Rácing regresa cun empate, con sabor agridoce por deixar marchar, nos últimos minutos, un partido que sempre tivo na man.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade