Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing pode co Pontevedra no derbi da Malata (2-0)

O Rácing pode co Pontevedra no derbi da Malata (2-0)

O Pontevedra comezou mellor e tivo opcións

Os locais foron de menos a máis e Etienne marcou ao fio do descanso

Ojeda resolveu a incerteza a catro minutos do final

G24.gal 03/10/2026 16:36

O derbi principiou cun Pontevedra mellor. Cun debuxo con tres centrais que se lle complicou ao Rácing. As primeiras ocasións fóron para os do Lérez, con opcións para Iborra, Yelko e Compa. Pero, pouco a pouco, os verdes lle foron collendo o aire ao partido. Ojeda xa advertía desta melloría. E dous minutos antes do intermedio, Etienne Eto´o acertaba a aproveitar unha acción de álvaro Ramón para poñer por diante aos de Ferrol. 

Á volta do descanso, a Malata agardaba o acoso do Pontevedra, pero a expulsión de Alberto Gil (minuto 55) marcou o devenir do partido. Cun máis, os departamentais impuxeron a súa calidade técnica e, no que quedaba, mandaron dous tiros ao pao e marcaron un segundo tanto, de Ojeda (minuto 86). Plácido final.

Esta vitoria permítelle ao Rácing estar enganchado arriba e descolga un chisco aos do Lérez desa intención.

 

  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade