Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Canido, en Ferrol, din que están fartos de convivir cos xabarís

Os veciños de Canido, en Ferrol, din que están fartos de convivir cos xabarís

Aseguran que no barrio hai xa arredor dun cento

Esixen medidas mentres agardan polas gaiolas para capturalos

G24.gal 16/08/2022 14:45

Os veciños do barrio ferrolán de Canido aseguran que os xabaríns campan ás súas anchas desde hai un ano. Contan que son de costumes fixos e que acotío acoden a unha leira porque o seu propetario dalles de comer para que non causen danos na súa propiedade. Porén si causan estragos, e cuantiosos, nos cultivos doutros veciños. Moitos xa optaron por deixar de plantar.

Con todo, explican que o peor é o medo e o temor que senten a seren atacados.

Doce meses despois das primeiras denuncias, seguen demandando medidas que garantar, sobre todo, a súa seguridade. 

Polo momento, o Concello contratou unha empresa para instalar gaiolas en leiras xa seleccionadas para capturar exempleras e envioulle, o pasado mes de xullo, un informe á Xunta de Galicia que terá que actualizar para poder levar adiante este proxecto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade