Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mercado vigués de Teis, escaparate do mexillón de Galicia

O mercado vigués de Teis, escaparate do mexillón de Galicia

O obxectivo é darlle difusión á marca con degustacións nas prazas de abastos

G24.gal 23/09/2022 15:33

"Pasen, vexan... e saboreen o mexillón das nosas rías". O Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia impulsa unha campaña para difundir a marca. O mercado de Teis converteuse nun grande escaparate onde degustar o produto.

A campaña, que conta co apoio económico da Xunta, percorrerá diversas prazas de abastos e amosará os grandes beneficios deste recurso único.  O certo é que non hai quen se resista ao mexillón de Galicia. 

O selo Mexillón de Galicia certifica un rigoroso control e supón un aval da súa orixe galega.  O ouro negro das nosas rías dá traballo a 3.500 familias de forma directa. Unha cifra que dá conta da importancia do saboroso mexillón de Galicia, do que as praceiras son as mellores embaixadoras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar