Cargando resultados...
Cambio brusco do tempo, con chuvia, vento e descenso das temperaturas
A inestabilidade manterase polo menos ata o mércores
G24.gal
15/05/2022 20:30
Última actualización 15/05/2022 20:56
En cuestión de horas pasamos dunha calor abafante a un tempo gris, moito máis fresco, con chuvieiras e ventos fortes do sur. Notouse a baixada das temperaturas. As máximas que o sábado se situaban moi preto dos trinta graos apenas superan os vinte o domingo.
Este cambio brusco de tempo está motivado por unha borrasca que entrou polo litoral atlántico e que activou un aviso amarelo no mar por ventos fortes do suroeste. O inicio da semana non traerá cambios significativos no meteorolóxico.