Cambados homenaxeou os 21 mariñeiros vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo
Cambados homenaxeou os 21 mariñeiros vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo
Este mediodía, familiares e amigos descubriron unha placa e unha escultura de granito en memoria dos falecidos
O domingo haberá un acto en Moaña
A aperta en pedra que desde este mediodía se atopa nos xardíns da Casa do Mar de Cambados rende homenaxe aos mariñeiros que non regresaron a porto. A escola de canteiros Pontevedra esculpiu en granito a despedida dun pai e un fillo antes de embarcar.
Quería agradecer aos familiares e os amigos de meu pai, sempre recordarei o voso apoio o día que sucedeu todo isto, di Emilio Lumbres.
Coa voz entrecortada, o fillo dunha das vítimas do Villa de Pintanxo volveu pedir que se esclareza o acontecido. Miguel Ángel Lumbres tiña 52 anos e residía coa familia en Cambados.
Foi un ano duro pero seguiremos loitando para que se clarexen as cousas, se saiba a verdade e se faga xustiza, conta.
Na vila arousá, un placa conmemorativa recorda os 21 náufragos
No aniversario da traxedia, as homenaxes nos concellos nos que residían os falecidos continuarán mañá en Moaña e o próximo sábado en Cangas