Cargando resultados...
Cae unha árbore sobre dous vehículos na zona do Castro, en Vigo
Os veciños din que se derrubou outra hai uns meses e aínda non se retirou
G24.gal
12/07/2024 16:22
Tremendo susto en Vigo despois de que na madrugada deste venres caera unha árbore sobre dous vehículos no monte do Castro.
Polo de agora descoñécense os motivos polos que caeu.
Os veciños piden que se revisen as árbores para evitar este tipo de incidentes.
Ata o lugar dos suceso trasladáronse a Policía Local, os bombeiros e operarios do Concello.
Non é a primeira vez que cae unha árbore de grandes dimensións nesta zona.
Os veciños din que se derrubou outra hai uns meses e aínda non se retirou.
A zona permaneceu acordoada durante os traballos de retirada da árbore e dos vehículos.