Cargando resultados...
Ferido grave un mozo de 28 anos por un accidente cun patinete en Mondoñedo
A vítima recibiu atención médica no lugar do accidente e foi trasladada de urxencia en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo
Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal
03/09/2026 11:12
Un mozo de 28 anos quedou ferido de gravidade a pasada noite como consecuencia dun accidente cando circulaba cun patinete eléctrico na zona dos Remedios, no barrio de San Lázaro, en Mondoñedo.
Segundo os servizos de emerxencias, o accidente produciuse preto das 23:15 horas nunha zona do quilómetro 0 da estrada autonómica LU-160.
A vítima recibiu atención médica no lugar o accidente e foi trasladada de urxencia en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.