Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae a mínimos históricos o consumo de peixe fresco e froita, a pesar de medrar o gasto

Cae a mínimos históricos o consumo de peixe fresco e froita, a pesar de medrar o gasto

Segundo a estatística, comemos un quilo e medio menos de peixe fresco menos por mes

Consumimos un 20 % menos de froita ca hai dous anos

G24.gal 09/08/2023 14:45

Gastamos máis e compramos menos, pero a maioría de galegos non quere renunciar aos produtos frescos que forman parte da nosa dieta, como pode ser o peixe, aínda que as cifras din que consumimos quilo e medio menos por mes.

Nos postos de peixe confirman que os consumidores levan menos mercancía para a casa e tamén optan máis polo conxelado. A froita tampouco escapa ás estatísticas, que din que consumimos un 20 % menos que hai case dous anos.

As familias dedicaron un 5 % máis ao consumo de peixe e froita fresca, pero levando moita menos cantidade para as neveiras. Nos fogares de rendas baixas tiveron que desembolsar un 16 % máis para levar a mesma cantidade destes produtos para as súas despensas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos