Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cada ano tíranse ao lixo mil millóns de toneladas de comidas en todo o mundo

Cada ano tíranse ao lixo mil millóns de toneladas de comidas en todo o mundo

A concienciación fai que descendan os alimentos que tiramos, que aínda seguen a ser moitos

G24.gal 02/04/2024 14:20

Cada ano bótanse ao lixo mil millóns de toneladas de comida en todo o mundo. Pratos que darían para alimentar todas as persoas que pasan fame.

Existen trucos e mesmo unha aplicación móbil para aproveitar estes desperdicios.

O 30 por cento destes desperdicios xéranse nos restaurantes e máis da metade acaba no lixo nos fogares.

Os alimentos que máis se tiran son froitas e verduras. Existe unha aplicación, Too good to go, onde se venden moito máis baratas froitas moi maduras para non ter que desbotalas.

No último ano, cada individuo botou ao lixo 25 quilos. Seguen sendo moitísimos, pero a concienciación fixo que diminuíra algo a cifra con respecto á anterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade