Publicador de contidos

Publicador de contidos

C. Tangana presenta en Vigo a súa película: "Unha bulería e unha muiñeira son curmás"

C. Tangana presenta en Vigo a súa película: "Unha bulería e unha muiñeira son curmás"

"O flamenco non é tan distinto do resto de folclores españois"

"A película non é sobre flamenco. O flamenco é un medio para falar doutras cousas"

G24.gal 30/01/2025 20:37 Última actualización 30/01/2025 20:50

Cando Antón Álvarez, máis coñecido como C Tangana, coñeceu o músico Yeray Cortés soubo que quería contar a súa historia nunha película.

Explica que "a película non é sobre flamenco. O flamenco é un medio para falar doutras cousas".

Con todo, a música xoga un papel importante. Álvarez destaca que gravaron a música "dunha forma que non se soe gravar. E vas escoitala dunha maneira que non escoitaches nunca".

C. Tangana presentou a película en Vigo, e asegurou que conta coa boa acollida do publico galego: "o flamenco non é tan distinto do resto de folclores españois. Unha bulería e unha muiñeira son curmás". 

Durante a súa preparación para o himno do Celta, achegouse máis á música tradicional galega. Por iso, cando fala da música tradicional galega mesmo pensa noutros proxectos: "Unha película marabillosa sería contar como a xente foi atopar un pasado que non se coñecía". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade