Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Alcaraz derrota a Nadal nos cuartos de final do Open de Madrid

Carlos Alcaraz derrota a Nadal nos cuartos de final do Open de Madrid

Derrotou o manacorí por 2 sets a 1 (6-2, 1-6, e 6-3) e xogará con Djokovic unha das semifinais 

Por primeira vez na súa carreira, Carlos Alcaraz venceu a Rafael Nadal

G24.gal 06/05/2022 18:25 Última actualización 06/05/2022 18:56

Por primeira vez na súa carreira, Carlos Alcaraz venceu a Rafael Nadal, a pesar dunha caída que sufriu no inicio do segundo set e que cortou o alto nivel de xogo que mostrara desde o arranque do partido, por 6-2, 1-6 e 6-3, e alcanzou as semifinais do Masters 1.000 de Madrid.

Alcaraz tardou dúas horas e media en superar a Nadal, que regresou á competición na Caixa Máxica despois de estar seis semanas de baixa por unha fisura nas costelas.

O murciano, que perdera as dúas veces anteriores contra o gañador de 21 títulos do Grand Slam, mostrouse superior, máis en forma e rodado que Nadal para situarse no penúltimo chanzo do torneo. Agora espérao Novak Djokovic.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos