Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan unha muller de 70 anos desaparecida desde o sábado en Vigo

Buscan unha muller de 70 anos desaparecida desde o sábado en Vigo

Esther Moro dixo que baixaba a comprar o pan e non regresou á casa, no barrio de Teis

G24.gal 29/09/2022 11:35

Familiares, veciños e Policía Nacional buscan en Vigo unha muller de 70 anos que leva desaparecida desde o sábado.

Ao parecer, Esther Moro dixo que baixaba a comprar o pan pola mañá e non regresou á casa, no barrio de Teis. 

A muller mide entre 1,50 e 1,55 metros, é delgada, ten o pelo negro e os ollos castaños. Cando desapareceu levaba un pantalón curto azul e unha camisa branca.

Segundo o aviso de SOS Desaparecidos, a muller necesita medicación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade