Atopan o corpo da muller desaparecida en Avión hai case un mes
Foi o seu fillo quen achou o corpo sen vida da súa nai a dous quilómetros do lugar onde desaparecera
Atopan o corpo sen vida da muller desaparecida nunha paraxe montañosa próxima á vila de Acedevo, na localidade ourensá de Avión. Foi o seu fillo quen o atopou a dous quilómetros do lugar da desaparición nunhas silvas, e deu aviso á Garda Civil.
A muller desaparecera a tarde do domingo 16 de novembro na zona de Rubillón e padecía alzhéimer. Foron moitas as persoas que participaron nas tarefas de procura nun territorio moi amplo, de camiños e montes como o GES de Avión, efectivos da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil, así como a unidade de Drons do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias.
Este operativo de procura cesara unha semana despois ao non atoparse ningunha pista. A Garda Civil informou que procederá ao levantamento do cadáver, á espera de obter máis información.