Cargando resultados...
Buscan unha moza de 26 anos desaparecida en Carballo

G24.gal
15/05/2022 13:12
Axentes da Garda Civil e membros de Protección Civil buscan na zona de Carballo unha moza de 26 anos de orixe saharauí.
Está en paradoiro descoñecido dende a tarde do sábado. A rapaza chámase Galia Baba Chamah, mide 1 metro e 51 centímetros. É morena e delgada.
Para comunicar calquera información sobre este asunto o círculo da moza facilita o seguinte número: 628 652 342. Tamén poden contactar directamente coa Garda Civil ou con Protección Civil de Carballo.