Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan un home que realizaba pesca submarina en Baiona

Buscan un home que realizaba pesca submarina en Baiona

Ata o momento, a busca non deu resultados

G24.gal 14/01/2023 19:50 Última actualización 14/01/2023 20:02

Os servizos de emerxencia buscan un home que desapareceu este sábado mentres realizaba pesca submarina na localidade pontevedresa de Baiona.

O 112 Galicia tivo coñecemento desta desaparición preto das 19:00 horas. Nese momento, a Policía Local informaba a central de emerxencias de que familiares do mergullador alertaran os servizos de emerxencia que a última comunicación establecida con el se produciu ás 11:50 horas.

Os operadores do 112 puxeron os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero de rescate Pesca 1 para rastrexar a zona na que fora visto por última vez.

Ademais, deron aviso aos axentes da Garda Civil, aos efectivos de Protección Civil do Val Miñor e aos profesionais sanitarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade