Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan un home que caeu á auga na Coruña, entre o Portiño e o porto exterior

Buscan un home que caeu á auga na Coruña, entre o Portiño e o porto exterior

Un particular deu a voz de alarma sobre as seis e media da tarde

G24.gal 06/02/2024 20:11 Última actualización 06/02/2024 20:41

Buscan un home que caeu á auga este martes desde unha lancha na Coruña.

O desaparecido ia na embarcación con outras dúas persoas. Pero ningún dos acompañantes se deu conta da caída no momento. Así que non poden precisar o punto exacto no que se produciu.

Crese que foi entre a zona do Portiño e o porto exterior.

Segundo informou o 112, foi un particular o que chamou ao servizo para informar do sucedido ao redor das 18:30 horas.

A Policía Nacional, a Policía Local da Coruña e Arteixo, e Protección Civil de Arteixo buscan o desaparecido por terra, mar e aire.

Tamén os Bombeiros da Coruña, o Servizo de Gardacostas de Galicia e Salvamento, que mobilizou o Helicóptero Helimer 402.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade