Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizado en perfecto estado o septuaxenario desaparecido en Santiago hai unha semana

Localizado en perfecto estado o septuaxenario desaparecido en Santiago hai unha semana

Fontes policiais confirmaron que foi localizado en Santiago e que a súa ausencia foi voluntaria

SOS DESAPARECIDOS SOS DESAPARECIDOS
G24.gal 21/05/2025 14:01

O home de 70 anos de idade que permanecía en paradoiro descoñecido desde o pasado mércores 14 de maio, Isidro Marcelo Gutiérrez Domínguez, foi localizado en perfecto estado, segundo confirmaron fontes policiais.

A asociación SOS Desaparecidos activara a alerta pola desaparición deste home en Santiago, e avisaba de que non se sabía nada del dende o pasado 14 de maio.

No momento da súa 'desaparación', o home, de pelo cano, ollos castaños e cunha tatuaxe nun brazo, vestía pantalón e chaqueta marróns, camiseta vermella e zapatos negros. Fontes policiais confirmaron que Isidro Marcelo foi localizado na propia cidade de Santiago, en bo estado, e que todo apunta a que a súa ausencia foi voluntaria.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade