Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan un home de 70 anos que desapareceu hai unha semana en Santiago

Buscan un home de 70 anos que desapareceu hai unha semana en Santiago

Ten 70 anos, pelo canoso, ollos castaños e unha tatuaxe no brazo esquerdo

Rógase contactar a través dos teléfonos 649 952 957 e 644 712 806 ante calquera pista

Leva desaparecido desde o pasado mércores 14 de maio Leva desaparecido desde o pasado mércores 14 de maio
G24.gal 20/05/2025 22:47

SOS Desaparecidos emitiu unha alerta pola desaparición de Isidro Marcelo Gutiérrez Domínguez, un home de 70 anos cuxo paradoiro se descoñece desde o pasado mércores, 14 de maio.

Segundo a información difundida pola organización, Isidro Marcelo mide entre 1,70 e 1,80 metros, ten o pelo canoso, ollos castaños e unha tatuaxe no brazo esquerdo.

No momento da súa desaparición vestía un pantalón e chaqueta de cor marrón, camiseta vermella e zapatos negros.

En SOS Desaparecidos solicitan a colaboración cidadá para axudar na localización do home. Calquera persoa que dispoña de información pode contactar a través dos teléfonos 649 952 957 e 644 712 806 ou enviar un correo electrónico á dirección info@sosdesaparecidos.es.

A familia e as autoridades continúan coa procura e apelan á solidariedade da poboación para esclarecer o seu paradoiro canto antes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade