Cargando resultados...
Un incendio calcina parte dunha casa abandonada en Santiago
O lume declarouse nun inmoble que estivera okupado e en cuxo interior non había persoas

G24.gal
20/05/2025 22:56
Última actualización 20/05/2025 23:16
Un incendio calcinou parte dun inmoble abandonado na rúa Cruceiro do Gaio. Ata o lugar desprazouse unha unidade dos bombeiros de Santiago.
Ao parecer, no momento en que se declarou o lume non había ninguén no interior do inmoble, que presenta un avanzado estado de deterioración e fora ocupado en varias ocasións, polo que, en principio, non se rexistraron danos persoais.