Cargando resultados...
Buscan un home de 41 anos desaparecido dende o luns na Coruña
De complexión grosa, mide 1,62 metros de estatura, ten o pelo negro, ollos castaños e unha cicatriz na cara

G24.gal
05/02/2023 08:47
Última actualización 05/02/2023 09:12
Hugo Ferney Cucuñame Correa, de 41 anos, permanece en paradoiro descoñecido dende o luns pasado, 30 de xaneiro. Perdéuselle a pista na cidade herculina.
De complexión grosa, mide 1,62 metros de estatura, ten o pelo negro, ollos castaños e unha cicatriz na cara. Na difusión da denuncia, SOS Desaparecidos indica que ten un Alfa Romeo de cor vermella.
A Policía Local da Coruña tamén difundiu nas súas redes sociais esta información sobre o desaparecido para que calquera persoa que teña algunha pista contacte coas forzas de seguridade ou con emerxencias.