Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa a busca de tres persoas desaparecidas nas Canarias e Barcelona durante o temporal

Continúa a busca de tres persoas desaparecidas nas Canarias e Barcelona durante o temporal

En Gran Canaria buscan dous menores que saíron pescar o venres

A alerta por neve mantense no Pireneo navarro e aragonés

Operativo de busca de dous menores desaparecidos no mar nas Canarias
G24.gal 10/03/2024 14:36 Última actualización 10/03/2024 21:34

O temporal de neve desta fin de semana perde forza e tan só o Pireneo navarro e aragonés manteñen activo o aviso amarelo por risco de aludes pola cantidade caída nas últimas horas. Mellora tamén pouco a pouco a situación costeira, mentres continúan activos os dispositivos de busca das tres persoas desaparecidas no mar. 

A borrasca Mónica deixou ventos fortes, chuvia e neve durante a fin de semana pero desta hora xa só queda aviso amarelo no litoral cantábrico, no balear, parte de Canarias, na costa de Almería e Granada e en Melilla. Tamén se van desactivando os avisos por risco de nevaradas, que quedan reducidos ao Pireneo navarro e oscense. 

O que si continuou é a busca dos tres desaparecidos durante este temporal. En Gran Canaria o dispositivo por terra, aire e mar arrincou a primeira hora na bahía do Confital, a onde foran pescar o venres os dous rapaces, de 16 e 17 anos. Os mergulladores non puideron traballar por mor das condicións do mar que obrigou a activar o aviso amarelo ata o remate do día. Os equipos de rescate volveron a ultima hora sen dar con eles. 
En Barcelona tamén continuou a busca do home que foi avistado por última vez amarrado a unha boia o sábado ás dúas da tarde fronte á praia da Mar Bella. O amplo dispositivo activado tampouco o localizou.

E mentres se fai o balance de danos que causou o vento en lugares como Córdoba, onde un tornado arrincou árbores centenarias e provocou estragos, a previsión indica unha melloría para o inicio de semana pero a mediados agárdase a entrada dunha nova borrasca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar